Traballo dalgúns dos nosos alumnos/as para estas datas en que semella que chega a primavera...
Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas
Un pouco de música
Gravación realizada no Conservatorio Profesional de
Música de Vigo, o 6 de
febreiro
de 2015, para
a difusión do patrimonio galego a
través a rede.

Doce sono
Negra Sombra
Lonxe da terriña
Unha noite na eira do trigo
6 baladas galegas de Juan Montes
Músicos:
Marta Sancho Andrés (clarinete)
Jorge Abreu Seoane (piano)
O noso planeta
Con este traballo achéganse coñecementos de xeografía física, política, económica, social, de poboación e urbana. De forma que calquera docente do ensino poida tratar os diferentes temas con suma facilidade, con máximo aproveitamento do tempo e con gran atractivo para o alumnado. Recurso para ESO e Bacharelato.
Etiquetas:
O noso planeta,
Varios
Refraneiro galego
Refraneiro compilado por Xesús Taboada Chivite e recollido polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en colaboración coa Xunta de Galicia.
Preme na imaxe.
Preme na imaxe.
Cartografía dos apelidos de Galicia
A Cartografía dos apelidos de Galicia (CAG) é un proxecto do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela que ten como finalidade ofrecerlles ós usuarios unha ferramenta de investigación para poderen coñecer a difusión territorial dos apelidos de Galicia. Esta ferramenta sérvese dun sistema de información xeográfica que combina a estatística e a análise espacial.
Descubre onde atopar xente co teu apelido, e cantos hai...
Preme na imaxe.
Descubre onde atopar xente co teu apelido, e cantos hai...
Preme na imaxe.
Letras Galegas
Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.
A historia, os autores homenaxeados, aspectos xenéricos sobre o galego... están permanentemente ao teu dispor neste portal específico.
Preme na imaxe.
A historia, os autores homenaxeados, aspectos xenéricos sobre o galego... están permanentemente ao teu dispor neste portal específico.
Preme na imaxe.
Etiquetas:
Letras Galegas,
Literatura galega,
Varios
Viaxe ás Covas do Folón
Sube á máquina do tempo e explora as diferentes épocas da historia da nosa cidade.
Nesta viaxe poderás coñecer como vivían os primeiros habitantes de Vigo e como evolucionou a cidade ata o día de hoxe.
Boa viaxe !!!
Iniciativa: Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Deseño e realización: Desoños e Moonbite Game.

A chuvia en galego
Elvira Fidalgo, profesora de Filoloxía Románica na
Universidade de Santiago, fixo a súa tese
sobre a formación das palabras galegas para chuvia. “Os términos de
Galicia”, explica, “como na maior parte das linguas romances, parten do pluvia
latino, que era o elemento específico que caía cando chovía”. Está acción, a da
“auga de chuvia que cae”, era inver, de onde deriva o nome da estación máis
fría do ano. Os falantes das linguas románicas foron pouco a pouco inventando
nomes para o mesmo concepto e variacións do mesmo.
Un exemplo desta variación metafórica en galego sería o
froallo, que según a Real Academia
Galega è “unha chuvia moi pequena”. O término nace do latín floccum, que
significaba unha migalla de la. “Esa imaxe
do pó movéndose cando se rapan ovellas”, di Fidalgo, “ trasladouse a
unha chuvia que se pon a caer cando hai raios de sol e semella medio branca”.
A orixe onomatopeica vese no lexema bab-, orixe en palabras
como babuña (“chuvia feble”) e que “reflexa o son que fan os bebés cando aínda
non falan”, que se traslada a “unha chuvia moi fina pero non desagradable”.
Outros exemplos serían patiñeira ou lapiñeira, nas que pat- y lap- imitan o son
ao camiñar entre pucharcas.
Pero a forma máis común para a formación de palabras nas
linguas latinas é a derivación. Así, tanto barrallo e barrufa como zarzalo e
zarracina veñen respectivamente de boreas e circius, palabra grega e latina
para nomear o vento do norte que traía as nubes de chuvia débil. Máis exemplos
serían ballón (“Golpe de chuvia forte, abundante e de corta duración que se
repite ao longo de varios días) e o seu sinónimo lucense balloada, pero que no
seu caso están derivadas do bullar latino (ebulición) e relacionadas co tamén
latino battuere, da que nace batega, (“chuvia intensa e de corta duración”).
Pero a chuvia con
máis carga tamén ten o seu sitio no galego. Así, arroiada, bátega, chaparrada,
cebrina ou cifra, entre outras, son precipitacións con forza. Treboada,
troboada, torbón e trebón falan de raios e tronos. Cando a neve e o xeo
acompañan dase a auganeve, cebrina, escarabana, nevarada ou a sarabiada. Se a
néboa está presente, aparecen a borraxeira, brétema, cegoña, fuscallo e a
propia néboa… Por fortuna, o galego tamén contempla amizar, delampar, escambrar
ou estear. Son para cando escampa.
Condensación de Auga:
– Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa,
Neboeiro, Nebra, Zarrazina…
– Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa,
Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo,
Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla,
Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…
Chuvia Forte:
– Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina,
Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada,
Xistra, Zarracina…
Con raios e tronos:
– Treboada, Torboada, Torbón, Trebón…
Con Neve e Xeo:
– Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada,
Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba…
E logo, cando remata, está a:
– Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar,
Estrelampar…
Vexetación de Galicia
Todo o queres saber sobre a vexetación da nosa terra no seguinte enlace. Interesante páxina feita por M.J. Mourazos, creada en xuño do 2010 (www.vexetacióndegalicia.es).
Para acceder preme na imaxe.
Para acceder preme na imaxe.
Etiquetas:
Varios,
Vexetación
Fraseoloxía visual
Fraseoloxía visual creada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela
Etiquetas:
Fraseoloxía,
Varios
Científicos galegos
A Real Academia Galega de Ciencias celebra dende o 2008 o Día do Científico Galego, co obxectivo de divulgar a investigación e a ciencia entre a sociedade en xeral e entre a comunidade educativa en particular.
A Fundación Barrie, a través de educaBarrié, colabora neste proxecto coa elaboración e difusión de materiais didácticos sobre a vida e a obra destes científicos. Descúbreos, premendo nas imaxes.

Científicos galegos,
Varios
Proxecto "E por que?"
Vivimos na era audiovisual e nas escolas estase introducindo tecnoloxía como ferramenta educativa. O material de ¿E POR QUE? convértese, coas especificacións necesarias, nunha clara axuda educativa que ademais divirte.
Os temas tratados pola serie atenden a unha educación para a saúde infantil, presentando os perigos da vida doméstica que tan mal final tiveron en numerosas ocasións; polo tanto non só estamos mellorando en materia educativa ó instrumentalizar este proxecto, senón tamén en materia sanitaria.
Os índices de sinistralidade en accidentes domésticos na idade infantil son a primeira causa de morte en Europa para os grupos de idade de 0 a 14 anos, polo que ademais de nas aulas de educación infantil, ¿E POR QUE? pódese levar ata 1º e 2º de primaria, cubrindo así a franxa de 1 a 8 anos.
Estamos ante unha serie infantil con humor, alto valor formativo, vocación pedagóxica e preventiva coa que se sensibilizará sobre os perigos domésticos. Nos capítulos preséntanse de maneira moi ordenada os obxectos perigosos, as situacións arriscadas e as posibles consecuencias negativas. A duración da historia é a adecuada, porque ó non estenderse, permite que os cativos e as cativas manteñan a atención e reteñan pequenas ideas.
O enfoque da serie logra satisfacer a curiosidade infantil: necesitan saber o que é perigoso, saber por que e o que ocorre se insisten.
Aquí tedes os capítulos. Preme na imaxe.

A vaca Connie
Xogos e contos en galego. Elixe o que máis che guste. Crebacabezas, coincidencias, parellas ou a granxa. (5-8 anos)
Preme na imaxe.
Preme na imaxe.
O aforcado de San Xoán
Só tes que adiviñar a palabra agochada. Tes 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco.
Para xogar preme na imaxe.
Para xogar preme na imaxe.
O preguntoiro
Xogo para poñer a proba os teus coñecementos xerais en diferentes ámbitos.
Para xogar preme na imaxe.
Para xogar preme na imaxe.
Carné xove
Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive, poden facer o carné xove. Este é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Aquí tedes toda a información...
Quen, como, e onde utilizalo?
app para Android
Etiquetas:
Carné xove,
Ferramentas online,
Varios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)