Aquí tedes o enlace a unha páxina sobre o deporte galego. Deixemos que eles mesmos se presenten...
Simple á vez que complexo. Rebumbio é unha revista dixital sobre o deporte galego. Porque o noso deporte merece protagonismo. En Galicia temos grandes equipos e grandes deportistas. Eles transmiten mellor ca ninguén a loita, o esforzo, a alegría, a ilusión e a calidade humana dunha xente que vive nun pequeno pero gran territorio. Non daremos noticias, contaremos historias. Porque o deporte galego necesita o seu espazo.
Para entrar, preme na imaxe.
Mostrando entradas con la etiqueta Páxinas interesantes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Páxinas interesantes. Mostrar todas las entradas
GaliciaLe
GaliciaLe é a plataforma do libro
electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o
acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.
GaliciaLe proporciona un servizo
de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que
os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción,
informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará
dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e
outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros
incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles:
tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros
electrónicos.
Xa o sabes... lede en galego.
Preme na imaxe.
Etiquetas:
Libros electrónicos,
Literatura galega,
Páxinas interesantes
Series en galego
A Rtvg pon a disposición de todos os capítulos das súas series para ver online. Un pouco de entretemento na nosa lingua.
Preme na tele.
Preme na tele.
Etiquetas:
Páxinas interesantes,
Series Tv
Cantigas medievais
A seguinte base de datos portuguesa pon ao alcance de todo o mundo a totalidade das cantigas medievais presentes nos cancioneiros galego-portugueses, as respectivas imaxes dos manuscritos e incluso a música, (tanto en versións que recrean as músicas medievais como versións contemporáneas que toman como punto de partida os textos das cantigas).
Preme na imaxe.
Preme na imaxe.
Etiquetas:
Cantigas,
Páxinas interesantes
Gciencia
Unha das páxinas máis interesantes sobre ciencia e ademais realizada na nosa lingua.
Para descubrila, preme na imaxe.
Para descubrila, preme na imaxe.
Etiquetas:
Gciencia,
Páxinas interesantes
Castelao, obra gráfica
O día 23 de Decembro de 2011 o Consello da Xunta de Galicia declaraba Ben de Interese Cultural Inmaterial o conxunto da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), co fin de garantir a súa protección, difusión e investigación. Daquela, organizouse este proxecto para poder levar a cabo un estudo minucioso dunha parte da obra deste artista: a súa obra gráfica.
Para descubrir a obra de Castelao, preme na imaxe:
Para descubrir a obra de Castelao, preme na imaxe:
Etiquetas:
Castelao,
Páxinas interesantes
Recursos para Educación Infantil
Alí é un portal de recursos en galego para a educación infantil.
Creouse como ferramenta de apoio a unha actividade formativa dirixida ao persoal das escolas infantís para achegarlles material didáctico e produtos culturais en galego, facilitándolles o seu emprego na aula.
No entanto, o contido do portal é de interese para todas as persoas involucradas na educación das cativas e cativos: pais, nais, ANPAS, ludotecas, bibliotecas…
Para entrar na páxina, preme na imaxe:
Etiquetas:
Infantil,
Páxinas interesantes
Rosalía de Castro
Enlace á páxina da Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro, onde poderedes atopar información sobre a súa vida, obra, e tamén sobre a propia fundación.
Simplemente, preme na imaxe:
Simplemente, preme na imaxe:
Etiquetas:
Páxinas interesantes,
Rosalía de Castro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)