Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas

Os soños na gaiola

O ano vindeiro será para Galicia un ano no que a figura de Manuel María cobrará unha grande importancia, xa que o Día das Letras Galegas estará dedicado a este poeta. Aproveitando as vacacións estivais esté é un bo momento para que recuperemos un dos seus libros para rapaces: "Os soños na gaiola", editado por Xerais.

O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios sobre o noso país para os nenos e nenas.De seguido, e baixo o epígrafe de "O mundo", aparecen o sol, as etrelas, a lúa, o arco da vella, o mar, o río e o vento. No poema "As cousas" falan as campás, o barco, o chifre, o muíño, o ourizo, a fouce, o bolo, o foguete, o carro, o tractor, o arado."Os homes, nenos e nenas", é o título xenérico onde entran o labrego, o soñador, o afiador, a festa do patrón, os xogos, o lume novo, o pastor, a boneca, a roda-roda.Por último, dous epígrafes dedicados ós animais: o año, a bolboreta, o caracol, a pita choca, a vaca, o burro, a lebre, o galo, o gato, o lobo, o grilo, o corvo, o merlo, o carrizo, o escribinte, as andoriñas, o pazpallar, o cuco, o pardal, as pegas.Este libro é un clásico da nosa literatura infantil. O autor, nunhas palabras iniciais, di que "son versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan preciosos son. Eu quixera encher, en parte, este oco". .

Revista Criaturas

A revista Criaturas é unha publicación dixital dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. Os contidos publicados pertencen as súas correspondentes autoras e autores.
Coordinación
Ledicia Costas · Daniel Landesa
Consello Editorial 
Fran Alonso · Burghard Baltrusch · Carlos Nogueira Nuria Díaz · Agustín Fernández Paz · María Jesús Fernández · Mar García Pérez · María Lado · Montse Pena Presas · Xabier P. Docampo · Mercedes Queixas Zás · Laura Sáez · Gracia Sanctórum · Miguel Vázquez Freire
Podedes atopala na seguinte dirección:
http://www.criaturas.gal/

Aquí iremos poñendo a revista Criaturas a medida que se vaia publicando. Simplemente, preme na imaxe.



Pinto & Chinto

Que un home quede calvo é algo que acontece con frecuencia e, xa que logo, non ten nada de extraordinario. O que si se pode saír do común é o repertorio imaxinativo que este mesmo home desprega para facer fronte á súa nova situación. De imaxinación e humor tiran David Pintor e Carlos López, que forman a parella de humoristas gráficos Pinto & Chinto, denominación baixo a que publican o álbum ilustrado Nicomedes o pelado, que Kalandraka edita en galego, castelán e portugués.



A súa espléndida cabeleira converteuse nunha cabeza pelada. Pero Nicomedes, que non ten nin un pelo de tonto, empeza a enxeñar insólitas alternativas á súa prematura calvicie. A grandes males, grandes remedios.




Ledicia Costas

Escarlatina, a cociñeira defunta


Ledicia Costas (Autor/a)
Víctor Rivas (Ilustrador/a)



3ª edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 - Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.


Para saber máis da autora, preme na súa foto.

Ledicia Costas

María Canosa

María Canosa enxeñeira de Camiños, Canais e Portos de profesión, e tamén escritora de corazón. Fai equilibrios entre os números e as letras, combinando ambas as disciplinas. A primeira novela que lle publicaron escribiuna aos trece anos. Despois dese primeiro libro, chegaron outros. Colabora en distintos medios de comunicación e diversas actividades culturais. Ao longo da súa traxectoria ten recibido varios galardóns literarios. Rubicundo (Xerais, 2015) foi finalista no Premio da XXIX edición do Merlín de Literatura Infantil 2014.



Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos.



María Solar

O primeiro libro que queremos recomendar neste apartado é a obra "O meu pesadelo favorito" da escritora e xornalista María SolarPremio Lazarillo de creación literaria 2014, é unha divertida historia chea de fantasía, tenrura e diversión onde os lectores poderán deixar voar a súa imaxinación, pasalo ben con curiosos personaxes, pero tamén aprender sobre o respecto aos que son diferentes a nós.

Se premes na imaxe, chegarás á web da autora.





O meu pesadelo favorito

Editorial Galaxia, 2015. Ilustraciones de María Lires.
Premio Lazarillo de creación literaria 2014.