Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas

Día das Letras Galegas 2016

Aínda comezando os días de verán cando chega a nova do Día das Letras Galegas do ano vindeiro que estará dedicado a Manuel María.

O poeta Manuel María, autor dunha extensa obra e expoñente do activismo político, representa a conciencia e o compromiso inquebrantable coa lingua galega.

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador e dramaturgo recoñecido, de extensa obra e inquebrantable compromiso coa lingua galega.
No ano 1943, Manuel María trasladouse a vivir a Lugo, onde cursou o ensino secundario entre o Instituto Masculino e o colexio dos Maristas. Nesa altura entrou en contacto con personalidades como Uxío Novoneyra, Luís Pimentel, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero e Aquilino Iglesia Alvariño. Chegado o ano 1949, os seus versos viron por primeira vez a luz na revista de poesíaXistral, fundada por Pimentel. O seu primeiro libro tampouco tardou en chegar:Muiñeiro de brétemas publicouse en 1950, cando o autor contaba só 19 anos, o que o converteu no poeta máis novo que publicaba en galego na posguerra. Este primeiro poemario inaugurou a denominada "Escola da Tebra".
No ano 1951 matricúlase en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Nesta época concibe o libro de poemas Morrendo a cada intre, publicado en 1952, ano no que crea a Editorial Xistral en Lugo. Arredor de 1954 comeza a colaborar na revista Alba. É na casa do director da publicación, Ramón González Alegre, onde coñece a Bernardino Graña e Xosé Luís Méndez Ferrín, ambos profesores do colexio Fingoi. Con este último mantería unha forte relación de amizade.
No ano 1953 volve a Lugo e un ano despois gaña os Xogos Florais de Ourense e coñece algúns dos máis importantes intelectuais ourensáns: Cuevillas, Antón Tovar ou Vicente Risco. En 1957, acadou o título profesional de Procurador, que o levou a comezar o exercicio da súa profesión en Monforte. En maio de 1959 casou con Saleta Goi García, a muller que o acompañou na maior parte dos seus proxectos e a quen o poeta quixo citar ao longo da súa obra. Con Saleta argallaría a colección Val de Lemos, onde viron a luz poemas de Luz Pozo, Carballo Calero, Pura Vázquez ou Cabanillas. No ano 1970, ambos os dous abriron en Monforte a libraría Xistral, auténtico centro de dinamización cultural da vila.
Nos anos sesenta e setenta, Manuel María atende os chamamentos e peticións que lle chegan de todas as organizacións que, ao longo e ancho do país, andan a traballar pola recuperación cultural: desde impartir conferencias ou recitar poemas a presentar a Nova Canción Galega. A súa obra literaria diversifícase e multiplícase de acordo cos novos tempos: ensaio, narrativa, teatro... sen abandonar o cultivo da poesía. Do existencialismo e o seu pesimismo radical evoluciona cara á unha poesía de compromiso social, canalizando unha resposta nacionalista ao franquismo.
No entanto, a carón do traballo intelectual, o poeta manifestou o seu compromiso na militancia política clandestina que culminaría na súa elección como concelleiro no ano 1979.
A partir da década dos oitenta, a súa poesía acada unha expresión máis íntima e humanista e nestes anos escribe e publica talvez o seu máis rico corpus poético. O poeta participa activamente nas actividades de entidades como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega ou a Asociación de Escritores en Lingua Galega e emprende tamén unha serie de viaxes que o levan a diversas partes de Europa. Nesta época son frecuentes as homenaxes, os premios e os recoñecementos.
En 1998 Manuel María e Saleta trasladan a súa residencia á cidade da Coruña, onde pasa os seus últimos anos e onde manterá unha tertulia no Kirs. Manuel María falece o 8 de setembro de 2004.

Día das Letras Galegas 2015

Un novo curso e un novo Día das Letras Galegas, neste caso dedicado a Filgueira Valverde. Nós, comezamos esta xornada festiva bailando todos xuntos "A camiño de Viseu". Todos os alumnos, e por suposto todos os profes, movéronse ao ritmo desta canción.


Por parellas

Todos xuntos


Un pouquiño máis tarde gozamos do xa tradicional chocolate con rosquillas. Unha delicia para o padal e unha boa excusa para falar cos amigos e para compartir un bo momento. 


Mmm
Esperando o turno

Quen quere repetir?


Pola tarde dese venres día 15, volvimos a xuntarnos todos para renderlle unha homenaxe a Filgueira Valverde. O acto, presentado por algúns rapaces e rapazas de 3º da ESO (Laura González, Laura Trapero e Abraham Fernández), tamén contou cun espontáneo "Filgueira" que nos falou da súa vida (Emilio González). Cada curso leu poemas da nosa literatura, e gozamos do maio coa voz de Uxía Fernández (5º B) e o baile de 5º A. Tamén tivemos outras actuacións musicais a cargo de Ana Alonso (5º A), Antía Rouco (6º A) e Jorge Figueroa (6º A). E finalmente, todos cunha soa voz, cantamos o noso himno.

O Himno Galego abriu o acto

Presentado ao noso Filgueira Valverde

Lectura de poemas

Problemiñas co vento

Entrada do Maio

O Maio

Baile arredor do Maio

Día das Letras Galegas 2015






Semana das Letras Galegas

Co gallo de celebrar as Letras Galegas os alumnos e alumnas de 6º de Ed. Primaria exerceron de contacontos cos seus compañeiros de Ed. Infantil e da "casiña". Aproveitando o bo tempo ocuparon o patio dos máis pequenos e durante unha hora estiveron debullando vellas historias na nosa lingua.
Un momento de pracer e de diversión.


Preparados para a actuación

Atentos

Mergullados na historia

Os contos foron divertidos

Contos participativos

Filgueira Valverde: guía para Secundaria

Aquí tedes unha moi interesante guía para traballar a figura de Filgueira Valverde en Secundaria.

Preme na imaxe.


Xosé Fernando Filgueira Valverde - Días das Letras Galegas 2015

Novo vídeo sobre a figura deste político, escritor e etnógrafo.


Homenaxe a Xosé Filgueira Valverde

Homenaxe a don Xosé Filgueira Valverde
(As nosas voces, 12)



Contextualizando a Filgueira Valverde

Documental de Gonzalo E. Veloso sobre o escritor, historiador e profesor Xosé Filgueira Valverde, a quen se lle dedica en 2015 o Día das Letras Galegas. Interveñen historiadores, investigadores, familiares e amigos. Participantes: Carlos Reigosa, Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández Rei, Xusto Beramendi, Daniel Lanero, Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez, Andrés Rodríguez Almansa, Víctor Freixanes, Ramón Villares, Inma López Silva, Henrique Monteagudo, Pegerto Saavedra, Carlos Valle, Francisco Díaz-Fierros, Xosé R. Fandiño, Anton Lopo, Luis Cochón, Amaia Bóveda, Valentín G. Bóveda, Xavier Fortes, Xosé Fortes e fillos/as de Filgueira Valverde.


Filgueira Valverde: actividades online para Infantil

Aquí tedes algunhas actividades online para saber máis sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Preme na imaxe.


Filgueira Valverde: actividades

Aquí tedes unha serie de actividades para ed. Infantil e Primaria sobre o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas.
Están realizadas polo Seminario Galán en pdf para que podades descargalas e realizalas.
Simplemente, preme nas imaxes.






Filgueira Valverde: carteis para unha exposición

Unha exposición de carteis en pdf sobre a figura de X. Filgueira Valverde, autor homenaxeado nas Letras Galegas, 2015. Tamén un cuestionario para contestar.
Autoría: Seminario Galán
Preme nas fotos

.

Filgueira Valverde: 5º e 6º Primaria

Actividades interactivas en EDILIM sobre a biografía de X. Filgueira Valverde, autor homenaxeado nas Letras Galegas, 2015.
Autoría: Seminario Galán
Preme na foto.


Filgueira Valverde: 3º e 4º de Primaria

Actividades interactivas en EDILIM sobre a biografía de X. Filgueira Valverde, autor homenaxeado nas Letras Galegas, 2015.
Autoría: Seminario Galán
Preme na foto.


Filgueira Valverde: 1º e 2º de Primaria

Actividades interactivas en EDILIM sobre a biografía de X. Filgueira Valverde, autor homenaxeado nas Letras Galegas, 2015.
Autoría: Seminario Galán
Preme na foto.

BIOGRAFÍA







Letras Galegas 2015

Este ano o Día das Letras Galegas adícase a Xosé Filgueira Valverde (28.10.1906 - 13.9.1996). Para coñecer máis a figura deste home e a súa obra aquí tedes un enlace á páxina que o Consello da Cultura Galega preparou.
Preme na imaxe.


Comezamos!!!

O equipo de Normalización Lingüística do noso cole comeza hoxe este blog co que pretendemos axudar aos alumnos/as e profes na utilización da nosa lingua. Queremos que se convirta nunha ferramenta útil, amena e doada de utilizar. Coa vosa axuda conseguirémolo.
Benvidos.