Mostrando entradas con la etiqueta María Canosa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta María Canosa. Mostrar todas las entradas

María Canosa

María Canosa enxeñeira de Camiños, Canais e Portos de profesión, e tamén escritora de corazón. Fai equilibrios entre os números e as letras, combinando ambas as disciplinas. A primeira novela que lle publicaron escribiuna aos trece anos. Despois dese primeiro libro, chegaron outros. Colabora en distintos medios de comunicación e diversas actividades culturais. Ao longo da súa traxectoria ten recibido varios galardóns literarios. Rubicundo (Xerais, 2015) foi finalista no Premio da XXIX edición do Merlín de Literatura Infantil 2014.



Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos.