Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas

Os sete cabritos

Adaptación cinematográfica da obra "Os sete cabritos" de Tareixa Alonso e Teresa Lima.


Filgueira Valverde: actividades online para Infantil

Aquí tedes algunhas actividades online para saber máis sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Preme na imaxe.


Filgueira Valverde: actividades

Aquí tedes unha serie de actividades para ed. Infantil e Primaria sobre o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas.
Están realizadas polo Seminario Galán en pdf para que podades descargalas e realizalas.
Simplemente, preme nas imaxes.






Proxecto "E por que?"

Vivimos na era audiovisual e nas escolas estase introducindo tecnoloxía como ferramenta educativa. O material de ¿E POR QUE?  convértese, coas especificacións necesarias, nunha clara axuda educativa que ademais divirte. 

Os temas tratados pola serie atenden a unha educación para a saúde infantil, presentando os perigos da vida doméstica que tan mal final tiveron en numerosas ocasións; polo tanto non só estamos mellorando en materia educativa ó instrumentalizar este proxecto, senón tamén en materia sanitaria.

Os índices de sinistralidade en accidentes domésticos na idade infantil son a primeira causa de morte en Europa para os grupos de idade de 0 a 14 anos, polo que ademais de nas aulas de educación infantil, ¿E POR QUE? pódese levar ata 1º e 2º de primaria, cubrindo así a franxa de 1 a 8 anos.  

Estamos ante unha serie infantil con humor, alto valor formativo, vocación pedagóxica e preventiva coa que se sensibilizará sobre os perigos domésticos. Nos capítulos preséntanse de maneira moi ordenada os obxectos perigosos, as situacións arriscadas e as posibles consecuencias negativas. A duración da historia é a adecuada, porque ó non estenderse, permite que os cativos e as cativas manteñan a atención e reteñan pequenas ideas. 

O enfoque da serie logra satisfacer a curiosidade infantil: necesitan saber o que é perigoso, saber por que e o que ocorre se insisten.

Aquí tedes os capítulos. Preme na imaxe.





A vaca Connie

Xogos e contos en galego. Elixe o que máis che guste. Crebacabezas, coincidencias, parellas ou a granxa. (5-8 anos)

Preme na imaxe.


Xoga con Fervello

11 xogos para que os máis pequenos se familiaricen coa lingua galega e a memoria

Preme na imaxe.



Recursos para Educación Infantil

Alí é un portal de recursos en galego para a educación infantil.
Creouse como ferramenta de apoio a unha actividade formativa dirixida ao persoal das escolas infantís para achegarlles material didáctico e produtos culturais en galego, facilitándolles o seu emprego na aula.
No entanto, o contido do portal é de interese para todas as persoas involucradas na educación das cativas e cativos: pais, nais, ANPAS, ludotecas, bibliotecas…
Para entrar na páxina, preme na imaxe: