
Os índices de sinistralidade en accidentes domésticos na idade infantil son a primeira causa de morte en Europa para os grupos de idade de 0 a 14 anos, polo que ademais de nas aulas de educación infantil, ¿E POR QUE? pódese levar ata 1º e 2º de primaria, cubrindo así a franxa de 1 a 8 anos.
Estamos ante unha serie infantil con humor, alto valor formativo, vocación pedagóxica e preventiva coa que se sensibilizará sobre os perigos domésticos. Nos capítulos preséntanse de maneira moi ordenada os obxectos perigosos, as situacións arriscadas e as posibles consecuencias negativas. A duración da historia é a adecuada, porque ó non estenderse, permite que os cativos e as cativas manteñan a atención e reteñan pequenas ideas.
O enfoque da serie logra satisfacer a curiosidade infantil: necesitan saber o que é perigoso, saber por que e o que ocorre se insisten.
Aquí tedes os capítulos. Preme na imaxe.