Revista Rebumbio

Aquí tedes o enlace a unha páxina sobre o deporte galego. Deixemos que eles mesmos se presenten...

Simple á vez que complexo. Rebumbio é unha revista dixital sobre o deporte galego. Porque o noso deporte merece protagonismo. En Galicia temos grandes equipos e grandes deportistas. Eles transmiten mellor ca ninguén a loita, o esforzo, a alegría, a ilusión e a calidade humana dunha xente que vive nun pequeno pero gran territorio. Non daremos noticias, contaremos historias. Porque o deporte galego necesita o seu espazo.

Para entrar, preme na imaxe.