GaliciaLe é a plataforma do libro
electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o
acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.
GaliciaLe proporciona un servizo
de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que
os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción,
informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará
dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e
outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros
incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles:
tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros
electrónicos.
Xa o sabes... lede en galego.
Preme na imaxe.