A chuvia en galego


Elvira Fidalgo, profesora de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago, fixo a súa tese  sobre a formación das palabras galegas para chuvia. “Os términos de Galicia”, explica, “como na maior parte das linguas romances, parten do pluvia latino, que era o elemento específico que caía cando chovía”. Está acción, a da “auga de chuvia que cae”, era inver, de onde deriva o nome da estación máis fría do ano. Os falantes das linguas románicas foron pouco a pouco inventando nomes para o mesmo concepto e variacións do mesmo.
Un exemplo desta variación metafórica en galego sería o froallo, que según a  Real Academia Galega è “unha chuvia moi pequena”. O término nace do latín floccum, que significaba unha migalla de la. “Esa imaxe  do pó movéndose cando se rapan ovellas”, di Fidalgo, “ trasladouse a unha chuvia que se pon a caer cando hai raios de sol e semella medio branca”.

A orixe onomatopeica vese no lexema bab-, orixe en palabras como babuña (“chuvia feble”) e que “reflexa o son que fan os bebés cando aínda non falan”, que se traslada a “unha chuvia moi fina pero non desagradable”. Outros exemplos serían patiñeira ou lapiñeira, nas que pat- y lap- imitan o son ao camiñar entre pucharcas.

Pero a forma máis común para a formación de palabras nas linguas latinas é a derivación. Así, tanto barrallo e barrufa como zarzalo e zarracina veñen respectivamente de boreas e circius, palabra grega e latina para nomear o vento do norte que traía as nubes de chuvia débil. Máis exemplos serían ballón (“Golpe de chuvia forte, abundante e de corta duración que se repite ao longo de varios días) e o seu sinónimo lucense balloada, pero que no seu caso están derivadas do bullar latino (ebulición) e relacionadas co tamén latino battuere, da que nace batega, (“chuvia intensa e de corta duración”).
Pero a  chuvia con máis carga tamén ten o seu sitio no galego. Así, arroiada, bátega, chaparrada, cebrina ou cifra, entre outras, son precipitacións con forza. Treboada, troboada, torbón e trebón falan de raios e tronos. Cando a neve e o xeo acompañan dase a auganeve, cebrina, escarabana, nevarada ou a sarabiada. Se a néboa está presente, aparecen a borraxeira, brétema, cegoña, fuscallo e a propia néboa… Por fortuna, o galego tamén contempla amizar, delampar, escambrar ou estear. Son para cando escampa.

Condensación de Auga:
– Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…

Chuvia Feble:
– Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…

Chuvia Forte:
– Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…
Con raios e tronos:
– Treboada, Torboada, Torbón, Trebón…

Con Neve e Xeo:
– Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba…
E logo, cando remata, está a:

– Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…